Camariñas aprobará definitivamente a desafección da escola de Xaviña para que funcione como un espazo sociocultural
Cando pase a mans municipais deberá ser adecentada e dotada do mobiliario pertinente para o seu futuro uso. O goberno local de Camariñas levará ao pleno deste venres, 31 de xullo, a proposta para a aprobación definitiva da desafección da escola de Xaviña, tras a súa aprobación provisional no mes de novembro do pasado ano. …